Roberto Vidal Bolaño:
É o 51 personaxe do
Día das Letras Galegas, que se celebran dende 1963 todos os 17 de Maio. O Día das Letras Galegas
empezouse a celebrar porque era o centenario “Los Cantares Gallegos” de Rosalía
de Castro.
El naceu en 1951 e
morreu en 2002 con 51 anos en plena montaxe de O cabodano, de Rubén Roibal.
Dende pequeno aprendeu a ler, e pouco despois
converteuse nun lector avido. Aos 12 anos empezou a traballar repartindo
pezas nun taller de recambios de coches,
e aos 15 anos sacou a súa primeira peza de teatro ,que era ao que se
dedicaba, titulada “Os Xogadeiros” que duraba 2 minutos de duración
que lle encargaran nas Xuventudes Obreiras de Acción Católica.
De mozo tratou de
iniciarse nas artes escénicas trala cámara do cinematógrafo. Eran os tempos do
Maio fracés, pois a rúas nese tempo andaban revoltas e os espíritos inquedos.
En 1971 forma parte do Equipo Lupa ( grupo de cine aficcionado). El traballou
como axudante de dirección en películas nas que os ideais devolveron á
tradición, o simbolismo e a interacción con outras artes están presentes xunto coa face
social. En 1974 comenza a aventura da compañía de teatro Antroido xunto con Xaquín García Marcos. Nela dirixe
amor e crimes de Juan el Pantera. En 1976 casa coa actriz Laura Ponte e ao ano
seguinte, ao quedar sen traballo no banco, inicia unha das épocas máis
prolíficas. Época non só de escribir teatro, senón tamén de dirixir, de actuar,
de iluminar e mesmo de cargar e descargar os aparellos dos escenarios.
Época dun teatro que
recolle a tradición popular galega sen renunciar á vangarda. Pero será en 1999
sen ir máis lonxe donde acade popularidade.